Neste momento estás a ver Récord de notificacións e escritos dos procuradores

Récord de notificacións e escritos dos procuradores

  • Categoría da entrada:Novas

08.04.2025. As procuradoras e procuradores da área de Vigo (O Porriño, Ponteareas, Redondela, Tui e Vigo) elaboraron un total de 33.398 escritos entre xaneiro e marzo, o que supón un 17% máis que no mesmo período de 2024 e a súa cifra récord dende que hai rexistros. En 2020, os escritos da procura no primeiro trimestre ascenderon a 21.519, polo que o incremento dende entón é dun 55%.

As notificacións tamén acadaron o seu nivel máis alto nun primeiro trimestre, con 181.272, un 22% máis que en xaneiro-marzo de 2024 e un 7% máis que no primeiro trimestre anual rexistrado (2019).

Malia seren menos os procuradores que exercen no Porriño, Ponteareas, Redondela, Tui e Vigo en comparación con 2019, a súa capacidade de traballo incrementouse considerablemente no nivel de escritos xestionados e notificacións emitidas nun primeiro trimestre.

O Colexio de Procuradores de Vigo conta neste momento con 129 procuradores colexiados, un 13% menos que no 2019, e a gran maioría son mulleres.

Fotografía: Punto GA-M.Riopa.