03.06.2022. O 2021 foi un ano intenso e atípico a nivel profesional para o Colexio de Procuradores de Vigo. A súa actividade, parcialmente paralizada en 2020, disparouse o ano pasado, que foi un ano récord en resolucións: máis de 650.000, o que supón 2.680 casos diarios, a cifra máis alta desde que elaboraron estatísticas sobre o seu traballo.

Así o recolle a recentemente publicada Memoria do Colexio de Procuradores 2021, que reflicte o esforzo do colectivo vigués por ter que redobrar esforzos para axilizar os expedientes que foran aprazados durante a pandemia. Os procuradores de Vigo están entre os máis activos de España, cunha media de 4.540 escritos e notificacións por despacho profesional o ano pasado.

A publicación recolle un resumo das actividades promovidas polo colexio durante 2021, dende os cursos organizados ata as actividades das distintas comisións que traballan na mellora das labores dos procuradores. Tamén reflicte o impulso da comunicación cos seus membros e coa sociedade tanto a través da web, cuxas visitas aumentaron, como na prensa local, que cada ano publica máis noticias sobre os procuradores de Vigo.

Fai clic aquí para descargar a memoria 2021 do Colexio de Procuradores de Vigo.

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?