21 de febreiro 2020. Os procuradores de Vigo xestionaron 475.448 notificacións en total durante o ano 2019.De media, administraronse 39.620 notificacións e 7.493 escritos ao mes. Setembro foi o mes cunha actividade xudicial máis intensa, con 50.437 notificacións totais, un 27,3% máis que a media anual. No primeiro día de actividade xudicial tras o verán, xestionáronse 3.835 durante a xornada. Síguenlle maio e novembro con 50.265 e 48.114 notificacións rexistradas, que contrastan coas 1.337 de agosto, mes de menor actividade debido ao periodo vacacional. Xullo con 33.567, un 15,3% menos que as notificacións habituais e decembro con 36.513 foron os meses laborais con menos volume de traballo.

Vigo é a cidade española entre as do seu tamaño que máis asuntos ingresa por cidadán, con 4,10 asuntos por cada 100 habitantes no terceiro trimestre do ano. A pesares do incremento dun 10% na súa capacidade de resolución, a maior urbe de Galicia conta con 20.014 asuntos en trámite a 30 de setembro de 2019, segundo os últimos datos publicados polo Consello Xeral do Poder Xudicial. Con 12.039 asuntos ingresados entre xullo e setembros de 2019, sitúase na segunda posición dentro das cidades españolas con máis pleitos xudiciais ingresados nos seus xulgados de entre 250.000 e 350.000 habitantes.

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

©2020 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Log in with your credentials

Forgot your details?