10.11.2020. Abanca e o Colexio de Procuradores de Vigo unen esforzos para colaborar en materia financeira e paliar os efectos da crise económica xerada pola Covid-19 entre os profesionais da procura en Vigo. A actividade dos procuradores vigueses caeu un 70% entre marzo e maio durante a limitación da actividade xudicial a cuestións urxentes. A xestión de escritos por parte dos profesionais da procura continúa ata o mes de outubro un 5,4% por debaixo dos dez primeiros meses de 2019.

O convenio de colaboración inclúe facilidades no acceso a crédito e a xestión de patrimonio para os membros do Colexio de Procuradores de Vigo a través de liñas oficiais de financiación Covid-19 do Instituto de Crédito Oficial (ICO) e do programa Covid-19 do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) da Xunta de Galicia.

Nos últimos meses, os procuradores de Vigo desenvolven diversas iniciativas para axudar aos seus colexiados a afrontar os efectos da Covid-19, entre as que se inclúen a cancelación da cuota do segundo trimestre, que foi asumida ao 100% pola institución. O colectivo conta cun sistema de sustitucións que permite cubrir dende o colexio profesional a aqueles procuradores que no poidan desenvolver a súa actividade con normalidade por estar afectados pola Covid-19.

O acordo con Abanca ten unha duración dun ano e foi firmado esta semana polo decano dos procuradores vigueses, José Antonio Fandiño, e o coordinador Institucional Vigo de Abanca, José Luis Romero.

O convenio fai posible o acceso dos procuradores vigueses aos servizos de asesoramento e xestión integral de Abanca, así como a fondos de inversión adaptados ao seu perfil de risco e ao programa de Cero Comisións do banco. O acordo impulsa alternativas comerciais para que poidan ser implantadas polos profesionais como a utilización de tpvs ou duna aplicación que permite xestionar o cobro dos honorarios online.

A duración do acordo é dun ano. Consulta o convenio íntegro no colexio virtual

©2021 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Log in with your credentials

    Forgot your details?