18.01.2023 O Colexio de Procuradores de Vigo e Abanca renovaron o seu convenio de colaboración financeira co foco en ofrecer, entre outras vantaxes, un mellor acceso ao crédito dos profesionais colexiados. Ambas entidades unen esforzos unha vez máis para axudar aos procuradores a afrontar un contexto inflacionista derivado, en boa medida, do aumento do prezo da enerxía.

O acordo inclúe produtos e servizos especificamente deseñados para satisfacer as necesidades profesionais e persoais do colectivo, con condicións financeiras vantaxosas en pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios ou avais.

Os procuradores tamén poden dispoñer dunha tarxeta que permite combinar diferentes formas de pago, unha tarifa plana en seguros, fondos de investimento e valores e acceso á banca móbil e a dispositivos de TPV físicos e virtuais.

O convenio permete ós procuradores vigueses dar resposta ás súas necesidades persoais a través das unidades especializadas Abanca Persoal e Abanca Privada, que ofrecen un servizo integral de asesoramento e xestión aos beneficiarios do acordo. Así, terán acceso a un catálogo de produtos e servizos propios con xestores especializados en seguros ou banca electrónica.

O acordo ten unha duración dun ano e foi asinado esta semana polo decano dos procuradores vigueses, José Antonio Fandiño, e o coordinador institucional de Abanca en Vigo, José Luis Romero.

Pódese consultar o convenio na parte privada da web do Colexio.

0 Comentarios

Contesta

©2023 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?