18.05.2022. O Colexio de Procuradores organiza o I Premio da Xustiza de Vigo, co obxectivo de distinguir ao funcionario de Xustiza que, pola súa traxectoria ou bo facer no seu traballo diario, constitúa un apoio fundamental para axilizar os procesos xudiciais. A elección estará́ en mans dos 147 procuradores membros do Colexio, que votarán ao funcionario do partido xudicial que inclúe O Porriño, Ponteareas, Redondela, Tui e Vigo, que máis facilite o seu labor nos xulgados.

Nunha primeira fase, os procuradores poderán nomear a calquera funcionario de Xustiza de Vigo que consideren merecedor do galardón: desde un xuíz, ata un fiscal, pasando por xestores, auxiliares, axentes, letrados da administración de Xustiza, etc. A partir dos seus nomeamentos, un xurado formado por membros da xunta de goberno do Colexio valorará e seleccionará a tres candidatos entre os máis propostos. Posteriormente, abrirase unha votación en liña para que todos os colexiados poidan votar ao seu favorito entre esa terna final.

O funcionario máis votado polos procuradores levará o I Premio da Xustiza de Vigo que se entregará no transcurso dun acto formal durante a cea anual de procuradores, prevista para o mes de xullo. En caso de empate nas votacións, o xurado será o encargado da decisión final.

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?