27.07.2022 A cea do Colexio de Procuradores de Vigo do 15 de xullo foi unha festa dende o primeiro momento. Porque levaba dous anos sen celebrarse, por estrear practicamente o novo Hotel Attica 21, pola agradable temperatura estival ou simplemente polo bo humor dos propios asistentes, a velada prometía diversión dende o aperitivo.

O decano José Antonio Fandiño comezou a parte máis formal do encontro cun agradecemento aos preto de 100 asistentes. E saudou especialmente aos convidados de fóra do Colexio: a decana do Colexio de Avogados de Vigo, Lourdes Carballo, e os decanos dos colexios de procuradores de Cartaxena, León, Lugo, Ourense e Santiago.

Ademais do nomeamento póstumo de Celso Emilio Ferreiro como procurador de honra, a velada tamén foi o escenario para a entrega do I Premio da Xustiza de Vigo a Emma Gutiérrez. A idea deste galardón xurdiu para por en valor o traballo diario dos funcionarios da Administración de Xustiza, sobre todo despois de dous anos complicados pola pandemia. A xunta de goberno considera que a maioría dos funcionarios poñen moito pola súa banda para facilitar o traballo de todos os participantes nos procesos xudiciais, pero algúns deles fan que aínda sexa máis doado cunha actitude e disposición que a Asociación quixo recoñecer. O espírito colaborativo da premiada, xerente do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo, manifestouse nos fortes aplausos e nas palabras de cariño que recibiu ao recoller o premio.

O capítulo de recoñecementos continuou coa entrega de diplomas conmemorativos ás tres colexiadas que asistiron á cea e cumprían 25 anos de exercicio profesional: Erminia Alonso, Chus Nogueira e Auxi Ruiz. Todas recolleron o diploma con moita alegría ante o aplauso dos asistentes. Auxi sinalou que “aínda que charra de nacemento, síntome filla adoptiva de Vigo e deste Colexio polo gran compañeirismo entre os procuradores e polos amigos que fixen na profesión”. Chus emocionou a todos cunha declaración sobre a súa vocación: “Cando a xente me pregunta que fago, estou orgullosa de dicir que son procuradora”.

A continuación entregáronse os distintivos do Colexio aos asistentes que levan 40 anos na profesión: Manuel Castells e Manuel Carlos Diz. Fandiño dedicoulle unhas agarimosas palabras especiais a Castells, que fora decano do Colexio, lembrando a súa contribución á procura.

Despedida cedo, sorteo e baile
A vicedecana Gisela Álvarez tomou a palabra para agradecer a José Antonio Fandiño, en nome de todos os procuradores, o seu traballo incansable “por conseguir o recoñecemento da figura do procurador e a dignificación da profesión, tanto aquí como en Madrid”. E valorou a súa proximidade e apoio persoal con todos os seus compañeiros nos momentos difíciles.

Tamén houbo tempo para unha sorpresa en forma de despedida anticipada de Cristina Álvarez, secretaria do colexio desde 1983, que se xubilará en novembro. E para un sorteo de agasallos.

A canción “Resistiré” a todo volume funcionou como un resorte para os asistentes, que saltaron das cadeiras e puxéronse a bailar. E a partir de aí, todos seguiron bailando ao ritmo que marcaba o DJ. Unha testemuña presente, externa ao Colexio, comentou: “¡Que marcha teñen os procuradores de Vigo! Voume colexiar para apuntarme a esta festa”.

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?