20.11.2019. Germán Serrano, titular do xulgado do social número 2 de Vigo, é xuiz decano dende 2009. Tras dez anos no cargo valora de forma positiva a reposta dos tribunais da cidade ante o alto número de asuntos ingresados e sinala aos procuradores como un elemento clave do seu funcionamiento. “Os procuradores están chamados a asumir determinadas funcións de execución de sentencias que aliviarían a sobrecarga que nesta materia pode haber en determinados xulgados”, explica o xuiz decano.

 

PREGUNTA. Que o impulsou a ser xuiz decano e continuar 10 anos despois?

R: Aprofesión de xuiz é dar un servizo público. E ser xuiz decano, ademais de que me permite representar con orgullo ao resto de compañeiros, é unha proxeción máis desa vocación de servizo.

 

Como cambiou a administración de Xustiza na última década?

Todavía falta moito terreo por gañar. Estamos en plena implantación do expediente xudicial electrónico, creáronse novas dotacións xudiciais, temos unha nova sede xudicial que se está construindo… Nestes dez anos houbo melloras, pero todavía nos queda terreo por percorrer para que se deixe de visualizar a Xustiza como a irmá pobre da administración, onde case ninguén quere invertir. Aínda que Galicia en materia de novas tecnoloxías e equipos informáticos está entre as primeiras comunidades de España.

 

Que horizonte marca a Cidade da Xustiza?

A nova Cidade da Xustiza ten que ser tecnolóxica. Aspiro a que traslademos o menor papel posible e que estea dotada con salas para videoconferencias, sistemas de grabación e as ferramentas necesarias para que o expediente dixital poida visualizarse en sala. Ten que ser moderna, eficaz e transparente, con todos os servizos básicos iniciais ao alcance da mán do cidadán.

 

Como valora a figura dos procuradores?

Os procuradores son fundamentais na administración de xustiza actual. Hai que recoñecer o esforzo feito na implantación do sistema Lexnet, no que son un dos actores principais. Os procuradores están chamados a asumir determinadas funcións de execución de sentenzas que aliviarían a sobrecarga que nesta materia pode haber nos xulgados.

 

Os procuradores solicitan executar a parte civil dos asuntos penais, é aí onde terían un novo papel?

A intervención do procurador na execución xa é importante. A nivel lexislativo, poderíanse ampliar certas competencias, sobre todo cando hai condenas pecuniarias para dilixenciar con maior eficacia a búsqueda de bens e de contas correntes para saldar a débeda. Para conseguilo sería necesaria una reforma lexislativa a nivel nacional. O papel dos procuradores aí podería ser moi importante.

 

Vigo está entre as cidades que máis asuntos ingresa por habitante entre as do seu tamaño. Por que somos tan litigantes?

Non creo que os cidadáns de Vigo e a súa área metropolitana litiguen máis que os dos outros partidos xudiciais. Vigo é o partido xudicial máis grande de Galicia e xera traballo pola cantidade de habitantes que ten e pola súa gran actividade económica e empresarial, que tamén xera conflictos. A nivel lexislativo, deben implantarse certas medidas que reduzan a litixiosidade innecesaria e eviten que cheguen ao xulgado asuntos que poden resolverse fóra da xurisdicción. No caso das cláusulas chan, polo exemplo, xa hai miles de sentenzas en España determinaron xa unha solución para certos contratos hipotecarios e sen embargo, síguese litigando.

 

Mais mediacións e menos pleitos axudaría?

Letrados, xuíces e procuradores debemos lanzar un sistema eficaz de mediación que poida axudar ás partes a chegar a unha solución. Chegar a unha solución sempre será mellor que unha sentenza, aínda que os xuíces estamos para resolver os problemas dos cidadáns.

 

Vigo ten casi 20.000 asuntos en trámite. Que se pode facer para acabar con ese atasco?

As ratios de resposta dos xulgados de Vigo son moi altas en tempo e o grado de pendencia é moi baixo respecto a outros partidos xudiciais de Galicia. En Vigo, poden sinalarse en 2-3 meses a vista e xuízo dunha demanda civil, contenciosa ou social. Iso en termos xudiciais, é moi rápido. A 30 de setembro entraron no decanato de Vigo 200.000 escritos entre demandas e escritos de trámite. Son moitísimo, pero quédome coa resposta fluida e rápida dos tribunais. E máis tendo en conta que todos sobrepasan o módulo de traballo ordinario que o consello ten previsto para cada xulgado.

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

©2019 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Log in with your credentials

Forgot your details?