2 decembro 2022. O Colexio de Procuradores publicará as datas dos próximos xuízos programados oficialmente na nova Cidade da Xustiza para que sexan de fácil acceso para todos os colexiados. As novas datas incorporaranse á relación dos traslados realizados, de forma que se ordenen cronoloxicamente comezando polas máis recentes.

No caso de que un mesmo procurador, teña que estar presente ao mesmo tempo en dúas sedes diferentes pola coincidencia de dous xuízos, dispón do protocolo de substitucións que xa ten en marcha o Colexio.

Podes consultar o calendario xeral dos traslados, así como a distribución dos xulgados na nova sede, na parte privada da web, no apartado Cidade da Xustiza. Pero é conveniente consultar sempre as últimas novidades, xa que pode haber cambios a medida que se produza a mudanza.

Xulgado Social 1

O xulgado Social 1 trasládase o vindeiro mércores día 7 de decembro ó andar 14. Celebrará as súas vistas no primeiro andar, sala 9.

Primerira Instancia 3

O xulgado de Primeria Instancia 3 trasládase o vindeiro luns día 5 de decembro ó andar 8. Celebrará o seus xuízos na sala 9 do primerio andar.

 

Xulgado Social 3

 O xulgado Social 3 celebrará o seus xuízos ata o  martes 29 de novembro (incluído) na C/Lalín. A partir desa data trasládase á nova Cidade da Xustiza  e celebrará alí  as súas vistas, na sala 8 do primeiro andar.

 

Xulgado Social 4

O xulgado Social 4 trasládase o xoves 1 de decembro. O venres  2 de decembro os seus xuízos terán  lugar na sala 8 do primeiro  andar da nova Cidade da Xustiza.

 

Xulgado do Social 2: dende o 22 de novembro

O xulgado do Social 2 trasládase o vindeiro martes 22 de novembro, día a partir do que celebrará os seus xuízos na nova Cidade da Xustiza, na sala 5 do primeiro andar. O luns 21 aínda se celebrarán as súas vistas na C/Lalín.

 

Xulgado do Social 5: do 25 de novembro

O traslado do xulgado do Social 5 será o xoves 24 de novembro, día no que aínda celebrará os seus xuízos na C/Lalín. A partir do venres 25 de novembro, as súas vistas terán lugar na nova sede xudicial, tamén na sala 5 do primeiro andar.

 

Xulgado Mercantil 3: a partir do 16 de novembro

O Xulgado do Mercantil 3 trasládase o vindeiro 15 de novembro ao novo edificio xudicial. A partir do mércores 16 de novembro celebrará as súas audiencias na Cidade da Xustiza, na sala 35 do terceiro andar.

 

Xulgado Penal 1: dende o 18 de novembro

O Xulgado do Penal 1 fai o seu traslado o día 17. A partir do venres 18 de novembro os seus xuízos terán lugar na sala 13 da primeira planta da nova Cidade da Xustiza.

 

Xulgado Social 6: a partir do 7 de novembro

O Xulgado do Social 6 trasládase á Cidade da Xustiza o luns 7 de novembro, polo que os xuízos previstos a partir dese día celebraranse na nova sede. En concreto, esa semana terán lugar na sala 12 do primeiro andar.

 

Primeira Instancia número 5: xuízos a partir do 11 de novembro

O Xulgado de Primeira Instancia número 5 trasladase o 9 de novembro á nova sede, co que os xuízos quedan programados do seguinte xeito:

  • Rúa Lalín. Os xuízos dos días 8 e 10 de novembro celebraranse na sede da rúa Lalín, como ata agora.
  • Nova Cidade da Xustiza. A partir desa data, xa todas as vistas terán lugar na nova sede, na sala 4 do primeiro andar.

 

Xulgado de Primeira Instancia número 4: a partir do 7 de novembro

  • Rúa Lalín. Os xuízos do 3 de novembro celebraranse na sede da rúa Lalín, como ata agora.
  • Nova Cidade da Xustiza. Os xuízos do luns 7 de novembrocelebraranse na nova Cidade da Xustiza, no primeiro andar, sala 3. A partir dese día terán lugar todos na nova sede.

 

 Contencioso-Administrativo número 1: a partir do 2 de novembro

  • Rúa Lalín. Os xuízos dos días 25 e 26 de outubro e 4 de novembro celebraranse na sede da rúa Lalín, como ata agora.
  • Nova Cidade da Xustiza. Os xuízos do mércores 2 de novembro e a partir do 9 de novembro celebraranse na nova Cidade da Xustiza, na rúa Padre Feijóo. Todos eles terán lugar na sala 11 do primeiro andar.

 

Contencioso-Administrativo número 2: a partir do 10 de novembro

  • Rúa Lalín. Os xuízos do 27 de outubro e o 3 de novembro celebraranse no recinto actual.
  • Nova Cidade da Xustiza. A partir do xoves 10 de novembro, todos os xuízos celebraranse na nova Cidade da Xustiza, tamén na sala 11 do primeiro andar.
0 Comentarios

Contesta

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?