16.10.2019. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de Lei que será remitida ao Goberno de España para atribuir aos procuradores competencias na execución de sentenzas, co obxetivo de eliminar o atasco estrutural dos xulgados españois. A iniciativa parte do Colexio de Procuradores de Vigo, o Consello Galego de Procuradores e o Consello Xeral dos Procuradores de España, apoiada polo conselleiro de Xustiza de Galicia, Alfonso Rueda.

A medida, según un informe do Colexio de Procuradores de Vigo, permitirá axilizar todas as execucións xudiciais e resolver o atasco xudicial. Según os seus datos, entre 2014 e 2018 os xulgados españois recudiron o ingreso de casos nun 30,7% (2,6 millíns de casos menos) e pola contra aumentaron o número de casos sen resolver nun 1%, aínda a pesar de incrementar o número de xulgados nun 2%.

O atasco estructural é semellante en Galicia: entre 2014 e 2018 o ingreso de novos casos baixou nun 39% e o número de casos sen resolver creceu un 3%, a pesar do aumento do 1,5% no número de xulgados. En Vigo, a cidade de onde parte a iniciativa, o crecemento do atasco entre 2014-18 é dos máis altos de España (+53%).

A proposición non de lei da cámara galega foi aprobada en comisión parlamentaria cos votos que representan á maoría do Parlamento (PP e representantes de En Marea no grupo mixto), sen ningún voto en contra, e coas abstencións de PSdeG-PSOE, BNG e Grupo Común da Esquerda. A proposta será trasladada ao próximo pleno do Parlamento de Galicia para a súa ratificación e envío ao Goberno de España.

0 comentarios

Comenta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

©2019 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Log in with your credentials

Forgot your details?