O antigo edificio do hospital Xeral acollerá a  Cidade da Xustiza. M. Riopa | PUNTO GA

 

10.01.2022 Os procuradores e avogados vigueses únense para reivindicar a figura do ex maxistrado emérito do Tribunal Supremo e ex maxistrado de Vigo nos anos 90, Antonio Romero Lorenzo, falecido o pasado mes de febreiro. Os profesionais veñen de solicitar formalmente á Xunta que designe unha das salas do novo Pazo de Xustiza como sala Antonio Romero. A proposta xa foi remitida por escrito ao vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda.

O maxistrado Antonio Romero (Santiago, 1930 – Vigo 2021) exerceu en Vigo desde os anos 80, cando os xulgados aínda estaban situados na rúa do Príncipe. Decano dos xulgados de Vigo nos anos 90 e gran defensor da Xustiza viguesa, é considerado unha figura clave no desenvolvemento e modernización da administración xudicial da cidade. Despois da súa xubilación, exerceu como maxistrado suplente no Tribunal Supremo. Romero foi recoñecido como Vigués Distinguido en 2013 e co premio Lurisgama en 2018 pola súa traxectoria como xurista.

“A posta en marcha da nova Cidade da Xustiza en Vigo é un factor determinante para o futuro de todos os profesionais da Xustiza da nosa zona, como foi a creación das salas da Audiencia Provincial. Dous momentos da historia da Xustiza de Vigo que cremos que deberían vincularse co mesmo nome, o do maxistrado emérito do Tribunal Supremo e distinguido vigués, Antonio Romero Lorenzo”, expresan os Colexios de Procuradores e Avogados de Vigo na carta á máxima autoridade de Xustiza de Galicia.

A petición dos profesionais súmase á formulada polos maxistrados do pleno da Audiencia Provincial de Pontevedra que solicitan o recoñecemento público para Romero na Cidade da Xustiza.

O Colexio de Procuradores de Vigo está integrado por 149 profesionais que exercen nos xulgados do Porriño, Ponteareas, Redondela, Tui e Vigo.

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?