17.09.2018. ¿Cómo actuar ante o embargo de accións e participacións? ¿É posible executar o embargo dun inmoble que non está inscrito no rexistro? Estes son algúns dos casos especiais no embargo e execución que serán desentrañados por Manuel Cachón Cadenas, especialista en dereito procesal, para os asistentes á xornada sobre dereito procesal organizada polo Colexio de Procuradores de Vigo o próximo 5 de outubro.

O acto, de aforo limitado e aberto a todos os profesionais da xustiza ou interesados en dereito procesal, terá lugar no Círculo de Empresarios de Vigo (García Barbón 62, Vigo) ás 17 horas. A inscripción á xornada pode facerse de xeito presencial na sede do ColeXio de Procuradores de Vigo ou clicando no botón a continuación e ten un prezo de 10 euros. A iniciativa forma parte da aposta do Colecio de Procuradores de Vigo pola formación continua e a preparación dos procuradores para a asunción de novos retos como ás funcións de execución dentro do proceso xudicial.

Manuel Cachón Cadenas é catedrático de Dereito Procesal da Universidad Autónoma de Barcelona e un dos principais referentes en dereito procesal de España. Membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e co-director da revista Justicia: Revista de Derecho Procesal, conta con máis de 40 artigos publicados, así como diversas obras. Entre as máis destacadas están ‘Ejecución civil: problemas actuales’ (Atelier Libros, 2009), ‘La ejecución procesal civil’ (Atelier Libros, 2014) ou a súa obra máis recente, ‘Francisco Beceña, un procesalista de primera hora’ (Atelier Libros, 2017).

Clica aquí para inscribirte

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

©2021 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Log in with your credentials

Forgot your details?