11.10.2018.“O embargo existe dende o momento da traba” Art. 587 da Lei de Enxuiciamento Civil. Así explicou o especialista en dereito procesal Manuel Cachón este cambio lexislativo. Durante a xornada sobre o embargo e ejecución de bens con casos especiais organizada polo Colexio de Procuradores de Vigo, explicou as formas para a enaxenación de bens singulares e con escasa regulación na lei como as accións de sociedades que non cotizan no mercado de valores, participacións sociais ou bens inmobles non inscritos no rexistro.

Manuel Cachon en el Colegio de Procuradores de Vigo

Manuel Cachón durante la conferencia

Durante a súa intervención, Cachón desenvolveu todos os preceptos que son de aplicación na Lei de Enxuiciamento Civil, Lei de Mercado de Valores e a Lei de Sociedades de Capital, e o camiño a seguir para a venta e subasta de accións de sociedades que non cotizan no mercado de valores e participacións sociais, analizando os dereitos dos demais socios, os posibles retractos e consecuencias na venta.

Sobre o cobro de débedas nas sociedades, Cachón explicou as posibilidades que establece a Lei para establecer unha administración xudicial, as consecuencias e a necesidade de que os Tribunais admitan administradores flexibles ou interventores que posibiliten a continuidade da marcha da sociedade e o cobro da débeda, cos menores gastos posibles e prexuizos que poidan irrogarse tanto para a sociedade como para os acreedores.

Na  xornada, o especialista en dereito procesal considerou ademais as pautas para a execución e a subasta dos bens inmobles non inscritos no rexistro e toda a casuística que poida darse neste tipo de enaxenaciones, establecendo os cauces necesarios para que poida obterse a subasta e venda deste tipo de inmobles.

Manuel Cachón ten publicado máis de corenta artigos e diversas obras, é considerado coma un dos principais referentes do dereito procesal en España.

Clica aquí e descarga a conferencia de Manuel Cachón

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?