23 marzo 2018. José Antonio Fandiño Carnero (Vigo, 1959) é dende hoxe o novo decano do Colexio de Procuradores de Vigo. A xunta de goberno entrante, formada nun 63{6942e07729a0d264cf41f159ac36bf5f1a39fa8805ed986c923afad1b825b292} por mulleres, impulsará a renovación do colectivo que representa aos máis de 150 procuradores colexiados en Vigoe a súa área. Fandiño toma o relevo de Manuel Castells López, decano da entidade dende 2010, e reivindica a adopción de novas funcións por parte dos procuradores para reducir os tempos de execución na Xustiza española.

A xunta de goberno entrante está formada por José Antonio Fandiño (decano), Gisela Álvarez (vicedecana), José Curbera (secretario), Nuria Alonso (vicesecretaria), Paula Lima (tesoureira) y as vogais Carolina Riobo, María Crende, María José Toro, Rosa Marquina, José Fernández e Jesús González Puelles.

O novo equipo directivo do Colexio de Procuradores de Vigo proporá un programa de traballo centrado en renovar e modernizar a profesión, convertindo os procuradores no eixo para axilizar o funcionamento dos xulgados vigueses. O plan inclúe unha renovada presenza dixital dos procuradores que permita a interacción dos profesionais coa entidade, así como o desenvolvemento de programas que acompañen os colexiados na súa adaptación ás necesidades da Xustiza actual. Ademáis, desenvolveranse actividades noutras áreas de interese.

Un dos principaos obxectivos do novo equipo do Colexio de Procuradores consiste en convencer as autoridades para que os procuradores asuman funcións de execución de sentenza. España é o segundo país europeo que máis dilata a duración das súas execucións, con 1.242 días no 2010, case tres anos y medio. Un periodo que triplica o tempo de execución no terceiro país máis lento, Italia, con 413 días.

“É necesario revitalizar a figura del procurador, modernizala e adaptarnos aos novos tempos”, afirma José Antonio Fandiño. “Os procuradores enfrontámonos continuamente a novos retos: primeiro, a supresión da territorialidade; despois, a dixitalización de todas as notificacións con Lexnet. Agora tócanos reivindicarnos: é necesario defender a dignidade da profesión e que adoptemos funcións de execución para axudar a axilizar a xustiza”, explica.

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?