24.11.2021. O Consello Galego de Procuradores e a Xunta de Galicia asinaron esta semana en Santiago de Compostela a renovación do seu convenio para fomentar a cultura da mediación na xustiza cunha dotación económica de 25.000 euros. Esta cantidade supón un incremento do orzamento, que antes era de 21.000 euros, co obxectivo de impulsar a mediación como alternativa á resolución dos conflitos xudiciais no ámbito empresarial que corresponden ás xurisdicións Civil e Mercantil. Con isto, refórzase a colaboración mantida cos procuradores galegos de forma continuada dende 2014.

No acto participaron o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; o director xeral de Xustiza, Juan José Martín; o presidente do Consello Galego de Procuradores e decano do Colexio de Procuradores de Santiago, e o vicepresidente do Consello e decano dos procuradores de Vigo, José Antonio Fandiño.

Asistencia xurídica gratuíta

Alfonso Rueda tamén informou ao Consello dos Procuradores de Galicia que a Xunta incrementará nun 15% de media a compensación económica aos colexios de avogados e procuradores por actuacións en materia de asistencia xurídica gratuíta.

No caso dos procuradores, as melloras supoñen un incremento das contías en diferentes actuacións como intervencións ante os Xulgados de Instrución en procedementos abreviados, en xuízos orais penitenciarios ou nos procesos de medidas provisionais en materia de familia.

©2023 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?