15.09.2022.- Chus Nogueira (Friburgo-Suíza, 1969) é “filla da emigración”, como ela mesma se define, e a máis absoluta fan da profesión de procurador. “Cando o Colexio me enviou a carta para informarme do 25 aniversario, convidáronme a celebrar ‘unha profesión marabillosa’, e realmente creo que o é”, comenta. A súa ilusión pola procura é tal que considera que “incluso cambiou a miña forma de ver a vida, porque ao ser unha profesión extremadamente dura axuda a aprender a afrontar a vida, a resolver problemas, a tratar con moitas persoas completamente diferentes e iso, pouco a pouco imprime carácter”. E resume con paixón: “A pesar de todas as decepcións, a falta absoluta de recoñecemento, a baixa valoración e algunha que outra penuria, paréceme un traballo estupendo”.

Chus afirma que nunca pode estar quieta, polo que está convencida de que a súa profesión e o seu carácter encaixan perfectamente. “Encántame a vida xudicial, falar con uns e outros, e as bromas cos funcionarios -non con todos eles, ja, ja-, cos meus compañeiros, o feito de non parar, a axilidade á hora de resolver problemas e xestionar mil cousas ao mesmo tempo”. Por iso lembra, e comparte plenamente, o que unha vez lle dixo un letrado: para que un procurador sexa bo, ten que estar feito doutra pasta.

A súa vocación remóntase a cando cursaba a Facultade de Práctica Xurídica, despois de estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou os seus “primeiros pasos como procuradora coa persoa que confiou en min e que é o meu amigo e mentor: Victorino Regueiro, grande entre os grandes. No Colexio facían prácticas en despachos e solicitei o de un procurador. Por qué? Nunca o souben, pero enseguida vin que me gustaba”.

O mellor da profesión para Chus é “a moita xente xenial que coñezo grazas a ela: avogados, funcionarios, moita xente da casa xa amiga e, sen dúbida, as miñas AMIGAS con maiúscula: Auxi, Puri, Maika e Elena. Sen elas, non só a profesión, senón tamén a vida, sería moito máis triste e aburrida. Compartimos moitos momentos: carreiras, viaxes, confidencias e, sobre todo, sobre todo, risas”

Pero tamén é quen de poñer enriba da mesa o que non lle gusta tanto do seu traballo: “Sen dúbida, o tempo que lle restas a túa familia, sobre todo cos fillos que, aínda que case voan sos, coñecen a vida que leva a súa nai e que, aínda que intenta chegar e estar en todo, non sempre o consegue e iso dáme moita pena”.

“Por todo o que me aporta a procura e o que descubrín con ela, para min é un orgullo celebrar 25 anos de profesión e poder levar o pin do Colexio”, resumen con entusiasmo desbordante e ilusión contaxiosa.

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?