23.10.2020. 3.686 xuizas, maxistradas, fiscalas, letradas da administración de Xustiza e procuradoras representan a maioría social da Xustiza en Galicia. 7 de cada 10 profesionais da procura son mulleres na profesión xudicial con máis presenza femenina fronte ao 65% da fiscalía, o 54% da xudicatura, o 69% das letradas da administración de Xustiza segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial en 2019. A procura é a profesión xurídica máis feminizada, con 495 procuradoras fronte aos 229 homes que exercen en Galicia, segundo un estudio realizado polo Colexio de Procuradores de Vigo. 1 de cada 3 profesionais da procura viguesa conta coa capacitación especializada para exercer en casos de violencia de xénero.

No colectivo vigués, a presenza das mulleres situase 3 puntos por encima da media galega ata acadar o 73% dos profesionais e 6 puntos por encima da media nacional da procura, que se sitúa no 67%.

A presenza maioritaria das mulleres en todos os ámbitos xudiciais redúcese nas altas instancias da procura, a xudicatura e a fiscalía, onde cae ata o 40% no caso do pleno de procuradores de España ou a directiva dos fiscales. Por idade, as fiscalas, xuizas e maxistadas son máis novas que os seus compañeiros varóns cunha media de idade de 48 anos frente aos 53 no caso da xudicatura e a maxistratura, e conta con 4 anos menos de antigüedad media na profesión.

A xunta de goberno dos procuradores vigueses está formado nun 59% por mulleres e liderada por José Antonio Fandiño como decano e Gisela Álvarez como vicedecana. “Non é raro que sexamos máis mulleres na xunta de goberno porque somos tamén maioría no mundo da Xustiza en xeral. É normal que sexamos tamén máis nos postos de representación” conta Gisela Álvarez, vicedecana do Colexio de Procuradores de Vigo.

“O estar todo o día en movemento pero non ter a necesidade  de contar cun despacho aberto ao público fai que a conciliación sexa máis sinxela para nós e para eles. Moitas compañeirase compañeiros teñen o seu despacho en casa e iso abre moito as posibilidades de conciliación”, explica Carina Zubeldia Blein, procuradora con máis de tres décadas de experiencia e que lembra os  seus primeiros anos como procuradora, noas que as mulleres eran tan só unha decena de profesionais no colectivo.

 

Especialización en violencia de xénero

1 de cada 3 procuradores que exercen en Vigo e na súa área contan con formación de especialistas en cuestións de violencia de xénero, unha capacitación esixida para exercer a procura nos turnos especiais de violencia de xénero establecidos o pasado ano pola Consellería de Xustiza da Xunta de Galicia

O Colexio de Procuradores de Vigo forma parte dende 2018 do protocolo de atención ás vítimas de violencia de xénero dos tribunais da cidade, que permite ás vítimas contar coa presenza e asistencia dun profesional da procura dende o primeiro momento.

A formación dos procuradores e a aposta pola axilización da Xustiza son dous dos pilares que asentan a actividade do colectivo vigués. O Colexio de Procuradores de Vigo está formado por 150 profesionais con presenza nos partidos xudiciais de O Porriño, Ponteareas, Redondela, Tui e Vigo.

©2021 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?