24 de marzo 2020. As notificacións xestionadas polo Colexio de Procuradores de Vigo disminuiron un 93% na primeira semana de confinamento debido ao estado de alarma decretado polo Goberno español, activado o pasado sábado 14 de marzo. Tras a suspensión das actuacións xudiciais e de prazos procesais, civís e administrativos que non sexan urxentes, rexistráronse 694 notificacións ata o pasado venres 20 de marzo, un 93% menos que a semana anterior, na que se rexistraron 12.488. Os escritos, tamén caeron un 75%, pasando de 1978 a 501.

Dende que o Consello Xeral do Poder Xudicial paralizou a actividade, o colectivo de procuradores de Vigo xestionou 173 notificacións ao día, que contrastan coas 2.488 que se xestionaban de media ata o de agora.

Durante o estado de alarma detense o normal funcionamento dos xulgados a excepción de aquelas cuestións consideradas urxentes ou que forman parte dos servizos esenciais coma, por exemplo, internamientos urxentes en prisión, servizos de gardas e violencia sobre a muller ou medidas de protección de menores.

O Colexio de Procuradores de Vigo integra a 150 profesionais con presenza nos partidos xudiciais de O Porriño, Ponteareas, Redondela, Tui e Vigo. Ante a expansión do coronavirus (Covid-19) e seguindo as medidas adoptadas polo Consello Xeral do Poder Xudicial, as delegacións do  Colexio de Procuradores de Vigo permanecerán pechadas temporalmente e a actividade do colexio profesional centrarse nas oficinas de Vigo.

 

0 comentarios

Comenta

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

©2020 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Log in with your credentials

Forgot your details?