2 setembro 2020. A actividade dos xulgados en Vigo cae un 12% en 2019 tras a crise do coronavirus coa xestión de 6.595 escritos menos. O Colexio de Procuradores de Vigo estima que o atasco xudicial se situará nos 22.573 frente aos 20.083 cos que pechou o ano 2019. A estimación está realizada a partir do número real de escritos xestionados polos procuradores en 2019 respecto ao número de casos sen resolver que permaneceron ao final do ano.

Entre marzo e agosto, os xulgados acumulan unha caída de 6.520 escritos con respecto ao ano 2019 debido á paralización dos xulgados pola pandemia do coronavirus. A habilitación do mes de agosto, marcada pola recomendación do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Ministerio de Xustiza aos seus profesionais de manter os seus periodos de descanso, corta a recuperación da actividade xudicial a pesar de multiplicarse por 10 fronte ao ano 2019.

Entre marzo e maio, o número de escritos realizado polos procuradores vigueses reduciuse en 14.252, cun desplome do 57% en marzo e abril e do 58% en maio. A reapertura xudicial permitiu recuperar a actividade, cun aumento de 7.632 escritos entre xuño e agosto, cun crecemento do 45% en xuño, do 27% en xullo e  de multiplicarse por 10 en agosto.

O problema do atasco xudicial afecta de maneira especial a todas aquelas persoas e empresas pendentes de pleitos non considerados como urxentes, pero tamén aos profesionais da procura ou o dereito, que viron reducido ao mínimo os seus ingresos durante a fase de suspensión do groso da actividade xudicial e que debido á habilitación do mes de agosto viron o seu periodo de descanso reducido a 6 días. O Colexio de Procuradores de Vigo asumiu a cuota do 2º trimestre dos seus profesionais, co obxectivo de reducir os gastos que deben afrontar os procuradores tras os meses de inactividade.

O Colexio de Procuradores de Vigo lidera unha iniciativa lexislativa para axilizar a xustiza e aproveitar ao máximo os recursos dos profesionais liberais, sen xerar gasto público: a creación da figura do procurador executivo, que xa opera en Portugal, Francia e outros países europeos. No país luso axilizou nun 50% a tramitación de procedementos.

Vigo acumula ata marzo, 20.314 asuntos sen resolver, 300 máis que o ano anterior a pesar de que rexistrar 2.154 casos menos no primeiro trimestre ao ano. A maior urbe de Galicia continúa como unha das cidades de España con máis asuntos en trámite entre as do seu tamaño, só por detrás de Bilbao e Alicante.

0 comentarios

Comenta

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

©2020 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Log in with your credentials

Forgot your details?