2 de xuño 2020. Os procuradores de Vigo xestionaron este mes de maio 3.803 escritos, un 58% menos que o mesmo mes en 2019 e 21.928 notificacións, 56% menos que o pasado ano. A actividade nos xulgados vigueses e os partidos xudiciais baixo a súa influencia ascende por terceiro mes consecutivo dende o inicio do estado de alarma e crece un 18% respecto ao mes de abril, cando es xestionaron 2.023 escritos.  Nos últimos tres meses, nos que a actividade chegou a estar limitada só ás tramitacións urxentes, a vida xudicial caeu ata o 3% do seu funcionamento habitual.

O próximo 4 de xuño, a administración de Xustiza completará parte da súa desescalada co levantamento dos prazos procesais. O plan do Goberno para evitar o colapso xudicial establece que as causas relacionadas coa Covid-19 serán prioritarias ata finais de ano, ademais doutras medidas extraordinarias como a celebración de xuizos pola mañá e pola tarde, comparecencias online, aforos limitados nas salas de vistas para evitar aglomeracións ou a habilidade do mes de agosto.

“Apostamos pola reactivación da Xustiza dende o primeiro momento. É necesario implantar medidas adicionais, ademais do plan de desescalada, que eviten o atasco que vai a producir este periodo de inactividade e que se verá agravado polo aumento da litixiosidade que se prevé para os próximos meses”, explica José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo.

A Secretaria da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) xa puxo en marcha as propostas dos procuradores vigueses para centralizar nos Colexios o traslado de copias entre as partes co obxectivo de reducir o contacto entre profesionais, así como a canalización a través dos Colexios das peticións dos procuradores ao Rexistro Civil.

Entre as propostas da xunta de goberno do Colexio de Procuradores de Vigo para combater o atasco inclúese tamén a solicitude de novas dotacióne de persoal para os xulgados que permitan manter o seu  funcionamento de forma inalterada durante o mes de agosto tras a súa habilitación no decreto-lei 16-2020 do 26 de abril.

 

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

©2020 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Log in with your credentials

Forgot your details?