25 maio 2020. O Colexio de Procuradores de Vigo pón en marcha un sistema de turnos para o acceso as súas instalacións por parte dos colexiados para a entrega de copias. A medida comezará a aplicarse mañá martes tras a aprobación da Secretaria da Sala do Goberno do Tribuanl Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) das propostas dos procuradores vigueses para centralizar nos Colexios o traslado de copias entre as partes co obxectivo de reducir o contacto entre profesionais.

Entre as iniciativas aprobadas está tamén a canalización a través dos Colexios das peticións dos procuradores ao Rexistro Civil, así como o aviso aos profesionais en caso de que se produzan retrasos nas vistas para reducir o seu tempo de espera e evitar as aglomeracións nas dependencias xudiciais. Recomendarase,  ademais, que as notificacións xeradas en agosto sexan remitidas ao día siguiente antes as 11.00 horas para favorecer a conciliación familiar.

Os turnos establecidos serán os seguintes:

Primeiro turno día 26 de maio: da Z ata Soto

Segundo turno día 27 de maio: de Soñora ata Piñeiro

Tercer turno día 28 de mayo: de Pérez ata Lorenzo

Cuarto turno día 29 de maio: de López ata Gil
Quinto turno día 1 de xuño: de García ata Doldan

Sexto turno día 2 de xuño: de Diz ata Arca
Séptimo turno día 3 de xuño: de Amoedo ata Acosta.

O Colexio de Procuradores de Vigo matén a súa atención presencial de 08.00 a 15.00 horas, pero recomenda a todos os profesionais e usuarios que se poñan en contacto de forma preferente telefonicamente no 986 207 111 ou a través do correo electrónico colegiooficial@colegioprocuradoresvigo.es para evitar desprazamentos innecesarios. O aforo das instalacións está limitada a 4 persoas, ademais dos profesionais do Colexio.

 

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

©2020 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Log in with your credentials

Forgot your details?