03.07.2019. O Colexio de Procuradores de Vigo, en colaboración co Colexio de Avogados de Vigo e o Colexio de Economistas de Pontevedra, formará aos profesionais sobre o portal de subastas do Consello Xeral de Procuradores o próximo xoves, 11 de xullo.

Durante a cita, os asistentes recibirán información sobre a ferramenta de vendas e subastas online subastasprocuradores.com, creada co fin de ofrecer a posibilidade aos procuradores e procuradoras de ralizar depósitos, vendas e subastas de xeito áxil e flexible. Mayte Rodríguez, directora do Departamento Xurídico do Consello Xeral de Procuradores de España, será a encargada de conducir a xornada.

O evento terá lugar no Círculo de Empresarios de Galicia – Clube Financeiro de Vigo, en horario de 17.00 a 19.00 horas.

Aqueles interesados en asistir deben inscribirse antes do 9 de xullo enviando o boletín de inscrición segundo o modelo indicado, dispoñible na área privada da web.

Fai clic aquí para acceder ao formulario na área privada.

©2021 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?