29.07.2019. María José Toro, coma moitos outros profesionais, chegou á procura sen planealo. Colexiouse hai 22 anos e compaxinou durante un tempo o seu traballo como mestra de clases particulares coa procura. A profesión foi gañando espazo na súa vida, abriu un despacho e quedou. “Lonxe de desaparecer, a procura é unha profesión cada vez máis necesaria”, sinala Toro.

Mudaron moitas cousas na profesión dende os teus comezos?
Cando comecei nin sequera existía unha sala común de notificacións, nin moito menos Lexnet. Faciamos moita máis vida no colexio, o trato cos funcionarios era directo, persoal e diario. Eu manteño moi boa relación con todo o mundo no xulgado grazas a esa época, porque agora apenas nos vemos, o Lexnet e o correo electrónico sustituírono todo. Hoxe en día, entre Lexnet e a posibilidade de traballar todos en todo o territorio, coa Lei Ómnibus, mercantilizouse máis a profesión. Os procuradores sempre tivemos un código non escrito de compañeirismo e colaboración e iso pérdese máis cada vez, porque cada vez coñecémonos menos.

É a procura unha profesión en constante evolución?
Todo o sector da Xustiza está en constante evolución. Dende que eu estou colexiada, a procura sempre estivo a punto de extinguirse. Estamos mudando e buscando fórmulas, pero aí estamos. Evolucionou, pero como o fixo toda a Administración.

Que é o máis difícil dunha profesión coma a túa?
Podo considerarme unha privilexiada, porque nunca tiven problemas no exercicio da miña profesión. Sempre estiven arroupada, nunca tiven conflictos con ningún compañeiro e fomeime un bo ambiente laboral hai 20 anos, cando montei o despacho coa miña socia. Seguimos sendo socias, compañeiras, amigas e temos un ambiente cómodo a todos os niveis. Si que é certo que cada vez as empresas apretan máis e pagan menos, todo é para antes de onte e, a veces, o monopolio que crean os clientes grandes xérache unha especie de servilismo cara eles, e convértense no foco central do teu día a día.

Por onde pasa conseguir un futuro sólido para a procura?
Cara o camiño que vai a profesión, lonxe de desaparecer, creo que cada vez é máis necesaria. Unha tarefa coma a nosa é inabarcable para o avogado. A vida diaria do procurador é o xulgado e a do avogado, o despacho. Para un avogado que leva un caso, o máis importante non son os 15 minutos da vista, senon a preparación do asunto. Creo que as funcións do procurador e do avogado non son compatibles, e tamén penso que non sería bo que o foran. O procurador está moito máis en contacto coa realidade, como é o caso da execución, e ese é un campo cara o que deberiamos dirixirnos, porque xa está sendo así noutros países do noso entorno europeo.

Que significa unha institución coma o Colexio de Procuradores para a profesión hoxe en día e que papel xogará no futuro?
Este é o meu segundo mandato de lexislatura na xunta de goberno. Estamos para solventar pequenos problemas do día a día entre o xulgado e o procurador, sempre en defensa da profesión en sentido amplo e do compañeiro. Reunímonos unha vez ao mes e tratamos de abarcar todo o que é a vida do colexio durante ese mes, dende como podemos axudar ao compañeiro que está de baixa, como se nos trata con respecto a outros colexios, como podemos facilitar e axilizar a labor do xulgado, do cliente, avogado… Tomamos decisions en representación da maioría e considerando os nosos intereses lexítimos. A todos nos move o ánimo común de facer cousas para axudar ao día a día do compañeiro, para que a profesión se manteña, teñamos un bo ambiente de traballo e a comunicación entre nós sexa máis fácil.

0 comentarios

Comenta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible

Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

©2019 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Log in with your credentials

Forgot your details?