21.03.2022. O Centro de Información á Muller e a concellería de  Política  Social e  Igualdade  do Concello  de  Mos organizan as Xornadas  de Intervención Interdisciplinar  e Tratamento  da  Violencia  Contra  as  Mulleres, que  se  van  celebrar  os  días   24, 25, 31  de marzo  e  1  de  abril   de  16 a  19  horas.

Con estas xornadas, de carácter multidisciplinar, queren adoptar medidas en todos os ámbitos que interveñen nos casos de violencia machista que permitan potenciar e consolidar servizos e programas, para proporcionar unha coordinación integral de todos os departamentos municipais e dar unha resposta eficaz, rápida e homoxénea na intervención coas vítimas dos malos tratos.

O Colexio de Procuradores de Vigo colabora dando difusión a estas xornadas que terán lugar no Pazo de Mos, Camiño da Rúa 1, 36415 Mos.  A  inscrición realizarase directamente coa organización no mail: xornadas.8m.mos@sifservicios.com. Nos seguintes enlaces pódese consultar o programa e mais información:

Programa das xornadas

Ficha de inscrición

Cartel informativo

©2023 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?