27.06.2022. O Colexio de Procuradores de Vigo puxo en marcha un novo servizo gratuíto de valixas para trasladar documentos entre os distintos partidos xudiciais onde opera. O obxectivo é axudar aos procuradores, liberándoos dunha carga de traballo máis administrativa, para que poidan centrarse noutras actividades de maior valor engadido, xa que ata agora eran os propios profesionais os que debían levar a documentación requirida polos tribunais.

O servizo funciona con entregas e recollidas diarias con horarios fixos, de tal xeito que se xera un circuíto continuo de ida e volta cada 24 horas. Un mensaxeiro de MRW sae de Vigo coa documentación ás 14.00 horas e déixaa entregada en Ponteareas ao día seguinte entre as 9.00 e as 10.30 horas. A partir de aí, un traballador do colexio que cada mañá se desprazaba entre os distintos partidos xudiciais, se encarga tamén de levar a documentación necesaria. De 11:00 a 12:30 horas está no Porriño e de 13:00 a 14:30 horas en Tui.

Na actualidade trasládanse unha media de entre 10 e 15 documentos ao día, que adoita ser documentación solicitada polos tribunais, como copias de demandas, informes periciais, etc. A valixa ten unha capacidade máxima de 10 quilos.

Nunha primeira fase, o servizo inclúe o desprazamento de documentos entre os xulgados de Vigo, Ponteareas, Porriño e Tui, pero estase a estudar a posibilidade de que posteriormente se incorporen outras localidades.

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?