12.06.2019. O Colexio de Procuradores de Vigo publica a súa memoria de actividade 2018, que reflicte o esforzo do colectivo por reivindicar ao procurador como unha figura clave do proceso xudicial, socialmente responsable e que se implica no desenvolvemento do entorno no que traballa.

Os resultados do informe A xustiza en Vigo, elaborado por primeira vez en 2018 polo colexio profesional, destacaron a necesidade de axilizar o funcionamento dos xulgados da cidade que acumularon máis de 20.000 asuntos en trámite.

Un contexto no que os procuradores de Vigo puxeron en marcha, seguindo o impulso do Consello Xeral de Procuradores de España, unha iniciativa para promover o cambio lexislativo necesario para que os profesionais adquiran novas funcións similares as dos solicitadores portugueses e que lles permita axilizar a actividade dos xulgados.

 

Responsabilidade social

Dende outubro de 2018, os servizos de procurador están incluidos nos servizos da oficina de vítimas dos xulgados de Vigo. O colectivo avanza así no seu compromiso coa sociedade na que se practica. Nos últimos, os procuradores de Vigo colaboran ademai cos servizos sociais do concello para promover unha maior coordinación entre os profesionai e detectar situacións de exclusión antes da execución de desafiuzamentos. A formalización da iniciativa desenvolverase en 2019.

Revitalizar a vida colexial é outro dos obxetivos do colectivo de procuradores vigués a través dunha nova presenza dixital en www.colegioprocuradoresvigo.es que inclúe un colexio virtual no que os colexiados poidan compartir documentos e impresións sobre o seu día a día.

A publicación da Memoria de Actividade 2018, ademais de cumplir cos requisitos do Consello Xeral de Procuradores de España, ten como obxectivo reivindicar o rol dos procuradores ante a sociedade e por en valor o seu papel como engranaxe clave para o bo funcionamento da administración de Xustiza.

Clica aquí para consultar a memoria completa.

 

©2021 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?