15.07.19. O Colexio de Procuradores de Vigo e o concello da cidade poñen en marcha un protocolo de actuación para evitar desaloxos indesexables e protexer ás persoas en risco de exclusión que viven un desafiuzamento. O acordo establece unha canle de comunicación constante entre o colectivo de procuradores e a concellería de Benestar Social encabezada por Yolanda Aguiar, para que os servizos sociais sexan informados no momento  no que se decreta o desafiuzamento. A iniciativa ten como obxectivo que os servizos municipais conten co máximo tempo posible para buscar alternativas de vivenda para aquelas persoas en risco de exclusión social e que o desafiuzamento poida executarse co menor impacto social posible.

O alcalde da cidade e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp), Abel Caballero elevará a proposta á entidade nacional para que calquera municipio de España poida activar un acordo semellante ao impulsado polos procuradores de Vigo.

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?