30 de marzo 2020Ante a situación inédita que xera a expansión da Coronavirus (Covid-19) co limitación da actividade xudicial durante o estado de alarma, os procuradores de Vigo deteñen a súa actividade e quedan na casa para protexer a saúde de todos e volver canto antes a participar na vida xudicial.

Tras dúas semanas de confinamento, da reducción da actividade xudicial a cuestións urxentes e da interrupción de prazos na maior parte dos casos, a actividade dos procuradores de Vigo descendeu ata as 356 notificacións e 60 escritos semanais, un 3% da actividade habitual dos profesionais de Vigo.

Con todo, algúns profesionais continúan acudindo aos xulgados para atender asuntos inaprazables dos seus clientes seguindo as medidas de precaución recomendadas polas autoridades sanitarias. Se eres procurador e tes dúbidas sobre as medidas de prevención que debes tomar para acudir aos xulgados, podes consultar as recomendacións clicando no seguiente enlace

O Colexio de Procuradores de Vigo mantén a súa actividade no horario habitual coa concentración de todos os seus servizos nas oficinas de Vigo tras as medidas adoptadas polo Consello Xeral do Poder Xudicial. Para porse en contacto co Colexio, recoméndase a utilización de vías telemáticas e evitar desprazamentos innecesarios.

 

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?