24 novembro 2022. O Colexio de Procuradores de Vigo e a Fundación Celso Emilio Ferreiro presentan o mércores 30 de novembro as 11.30 horas no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (Marco) a recuperación de 10 poemas descoñecidos do poeta, que foi procurador na década dos 50 en Vigo.

Os procuradores vigueses dan a coñecer 10  poemas que foron censurados en 1972 para  por en valor e presentar á sociedade a súa historia. A iniciativa conmemora ademais 60 anos da publicación de Longa Noite de Pedra e os 110 anos do nacemento do autor.

No acto participarán Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Ramón Nicolás, biógrafo de Celso Emilio Ferreiro e correspondente da Real Academia Galega; Luis Ferreiro, fillo maior do escritor e director xeral da fundación que leva o seu nome; e José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo.

0 Comentarios

Contesta

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?