26.09.2022.- Redondela incorporouse ao servizo gratuíto de valixa entre xulgados de Vigo posto en marcha polo Colexio de Procuradores en xuño. Ademais do propio servizo de valixa co traslado da documentación solicitada polos xulgados, súmase agora o transporte doutro tipo de pequenos artigos por todo o circuíto.

María José Migueles é a encargada do novo itinerario. Para iso desenvolve a súa actividade dende Redondela en horario de 8.00 a 9.30 horas, trasladando despois a valixa a Vigo e operando na sede do Colexio de Procuradores de 10.00 a 15.00 horas.

Os procuradores tamén poden incluír no servizo de valixa outro tipo de elementos complementarios como USB’s, mandamientos, oficios, traslados etc.

O obxectivo dos novos servizos é facilitar o traballo dos procuradores, liberándoos dunha carga máis administrativa como o traslado de documentación ou outros elementos necesarios para o seu traballo.

O servizo funciona diariamente con horarios fixos xerando un circuíto de ida e volta cada 24 horas. Un mensaxeiro sae de Vigo coa documentación ás 14.00 horas e déixaa entregada en Ponteareas ao día seguinte entre as 9.00 e as 10.30 horas. Dende alí, Jonathan Pérez móvese entre os distintos partidos xudiciais levando a valixa: de 11:00 a 12:30 horas está no Porriño e de 13:00 a 14:30 horas en Tui. Os documentos de Redondela incorpóranse ao circuíto de Vigo.

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?