23.02.2023.María José Migueles Santos (Redondela, 1969) traballa no Colexio de Procuradores de Vigo dende 2001. O ano en que comezou a traballar cambiouse a Lei de Axuizamento Civil (LEC), que estableceu que en todos os partidos xudiciais debería existir un servizo de recepción das notificacións organizado polos colexios de procuradores. Nese mesmo ano 2001 abre a oficina do Colexio de Procuradores de Vigo no partido xudicial de Redondela e Migueles incorpórase a esa oficina. “Despois de máis de 20 anos podo dicir que o meu traballo no Colexio de Procuradores de Vigo deume moitos amigos e alegrías e, a día de hoxe, forma parte da miña vida”, resume sorrindo.

Agora non estás só en Redondela, como é o teu día a día?

Levaba máis de 20 anos traballando mna oficina do colexio de Redondela, pero desde o pasado mes de setembro, cando nos incorporamos ao servizo gratuíto de valixa para procuradores que puxo en marcha o Colexio, pecho alí ás 9:30 horas e viaxo cos documentos da valixa ata as oficinas do colexio de Vigo, onde sigo traballando ata as 15:00 horas. Agora estou menos en contacto coa xente de Redondela, pero entre que me encanta estar na sede de Vigo e que, como vivo en Redondela, volvo todas as tardes, encántame a variedade.

En que consiste o teu traballo?

O meu traballo foi cambiando pouco a pouco a raíz dos cambios que ía marcando a Lei de Axuizamento Civil. Neste momento recibo os anexos e traslados de documentos presentados polos procuradores en papel e son a encargada de xestionar a quenda de oficio e os trámites máis administrativos dos procuradores.

Que é o que máis che gusta e o que menos?

O que máis me gusta é tratar coa xente en xeral, sobre todo cos membros da colexio e cos meus compañeiros. Malia as présas e os prazos, sempre hai un momento para a broma e a risa. O que menos me gustou foi algo temporal: estivemos facendo o traslado á nova Cidade da Xustiza e, como en todas as mudanzas, hai pequenos inconvenientes. Pero ímolos superando con boa vontade por parte de todos.

Unha das túas maiores afeccións é ler. Algunha recomendación?

Si, sempre me gustou ler e pasar unha tarde cun libro é un agasallo para min. Pasei por diferentes xéneros: fun unha gran fan de Stephen King e John Grisham. Pasei un tempo coa novela negra nórdica. Pero agora todo iso paréceme moi escuro e estou nunha etapa de libros de fantasía, como a saga do Señor dos Aneis, que lin de adolescente e aínda me encanta. De feito, agora aproveito as viaxes de ida e volta a Vigo para escoitar audiolibros, que recomendo encarecidamente, e estes días veño con A Comunidae do Anel.

 Despois de tantos anos no Colexio, terás unha anécdota…

Convertínme nun especialista en arranxar atascos de copiadoras ou diferentes problemas informáticos, desde pantallas invertidas ata teclados estraños. Pero quizais o máis absurdo foi cando me preguntaron, e debo dicir que non era un procurador, como quitar as letras en negrita dun documento.

©2023 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?