M. Riopa | PUNTO GA

 

14.01.2022.A Xunta de Galicia recolle a solicitude dos procuradores e avogados vigueses e poñerá o nome de Antonio Romero, exdecano de Vigo, a unha das salas da nova Cidade da Xustiza. A decisión prodúcese tras a proposta unánime dos Colexios de Procuradores e de Avogados de Vigo co obxectivo de homenaxear ao ex maxistrado, falecido o pasado mes de febreiro.

Con esta iniciativa, o mundo xudicial de Vigo recoñece o traballo a prol da Xustiza de quen foi decano dos xulgados vigueses nos anos 90, considerado unha figura clave no desenvolvemento e modernización da administración xudicial na cidade. A solicitude sumouse á realizada polo pleno de maxistrados da Audiencia Provincial de Pontevedra, que tamén solicitou este recoñecemento público para Romero na Cidade da Xustiza.

“Honrar a Antonio Romero no novo edificio e etapa que comeza a Xustiza en Vigo é cuestión de memoria. Estamos encantados de recoñecer a contribución dun loitador incansable pola mellora da situación xudicial de Vigo”, explica José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo.

O maxistrado Antonio Romero (Santiago, 1930 – Vigo 2021) exerceu en Vigo desde os anos 80, cando os xulgados aínda estaban situados na rúa do Príncipe. Despois da súa xubilación, exerceu como maxistrado suplente no Tribunal Supremo. Romero foi recoñecido como Vigués Distinguido en 2013 e co premio Lurisgama en 2018 pola súa traxectoria como xurista.

O Colexio de Procuradores de Vigo está integrado por 149 profesionais que exercen nos xulgados do Porriño, Ponteareas, Redondela, Tui e Vigo.

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?