30 Xaneiro 2020: Vigo é a cidade española entre as do seu tamaño que máis asuntos ingresa por cidadán, con 4,10 asuntos por cada 100 habitantes no terceiro trimestre do ano. A pesar do incremento dun 10% na súa capacidade de resolución, a maior urbe de Galicia conta con 20.014 asuntos en trámite a 30 de setembro de 2019, segundo os últimos datos publicados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, e sitúase como a cuarta cidade española con máis atasco xudicial por detrás de Alicante, Bilbao e A Coruña. 

Os asuntos en trámite en Vigo medraron un 61% dende 2016, o dobre que no conxunto galego e 4,5 veces máis que a media española, que no terceiro trimestre increméntase un 9%. A cidade olívica tamén é a que conta con máis xulgados por habitante, cunha sala por cada 8.390 cidadáns. 

O estudo realizado polo Colexio de Procuradores de Vigo a partires dos datos oficiais do Consello Xeral do Poder Xudicial  inclúe a 10 das 20 maiores cidades españolas de tamaño similar a Vigo. Con 12.039 asuntos ingresados entre xullo e setembro de 2019, sitúase na segunda posición dentro das cidades españolas con máis pleitos xudiciais ingresados nos seus xulgados entre 250.000 e 350.000 habitantes. Só Alicante supera a Vigo con 12.102 asuntos.

“Non se trata de seguir sumando sala tras sala. En cinco anos, os asuntos que entran nos xulgados descenderon e ainda así non somos quen de resolver todos os asuntos en trámite. É necesario cambiar de estratexia e introducir novas figuras e operadores xurídicos que aceleren o funcionamiento da Xustiza”, explica José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo. 

Plan para axilizar a xustiza

Os procuradores vigueses, apoiados polo Consello Galego de Procuradores e o Consello Xeral dos Procuradores de España, desenrrolan dende hai un ano un plan para mellorar e axilizar o funcionamento dos xulgados en Vigo. Nos últimos meses, os profesionais trasladaron a proposta para a creación dun novo operador xurídico, o procurador executivo, a todos os representantes da provincia de Pontevedra no Congreso dos Deputados e ao Vicepresidente da Xunta de Galicia e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda. 

Aprobada en comisión parlamentaria da cámara galega o pasado mes de outubro unha Proposición non de Lei para atribuir aos procuradores competencias na execución de sentencias, co obxectivo de eliminar o atasco estructural dos xulgados españois. A proposta será trasladada ao próximo pleno do Parlamento de Galicia para  a súa ratificación e envío ao Goberno de España. A pasada lexislatura, a diputada de Galicia en Común e actual ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz plantexou ante o Congreso dos Deputados unha pregunta para analizar a creación da figura do procurador executivo, que incorporaría ás actuais funcións dos profesionais da procura, a execución de embargos e dilixencias, así como a averiguación de bens ou entrega de notificacións baixo control xudicial. A medida aportaría, sen costes públicos adicionais, ás tramitacións xudiciais a un total de 10.148 profesionais da procura en España, dos que 739 están colexiados en Galicia.

©2021 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Log in with your credentials

    Forgot your details?