15.01.2019. O Colexio de Procuradores de Vigo pon en marcha un ambicioso plan para mellorar a calidade e axilidade da xustiza en Vigo, tras detectar un incremento do 40% dos casos sen resolver no último anno, que sitúan os asuntos acumulados nun récord da última década de 21.380 asuntos a 30 de setembro de 2018. O plan inclúe un programa de encontros con todos os representantes políticos, así como con outros colectivos profesionais da Xustiza.

A nova directiva do Colexio de Procuradores mantivo nas últimas semanas encontros informativos cos representantes municipais de En Marea e PP, así como co alcalde de Vigo (PSOE) e ten programando encontros cos representantes vigueses no Congreso dos Diputados. Ata agora todos os representantes políticos recibiron con interese os datos do informe A xustiza en Vigo 2018 e nalgún caso xa se  comprometeron iniciativas para mellorar a estrutura xudicial da cidade. O alcalde de Vigo, por exemplo, anuncioou que proporá algunha das súas iniciativas á Federación Española de Municipios e Provincias (Femp), da que é presidente.

A justicia en Vigo 2018 revela que Vigo se atopa á cabeza en actividade xudicial, incluso por riba de cidades de maior tamaño, cun 24% máis de casos ingresados que Bilbao. Con respecto a cidades de similar tamaño, Vigo presenta, por exemplo, un 40% máis de ingresos que A Coruña.

“O problema é que, ao aumentar os ingresos e non os xuíces, acumúlanse os asuntos en trámite e a situación de casos sen resolver comeza a ser alarmante, aínda a pesar de que a taxa de resolución dos xulgados de Vigo é boa, incluso mellor que das cidades do seu tamaño”, explica José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo.

Propostas dos procuradores

3 xuíces máis. Os procuradores propoñen un incremento da estrutura xudicial de Vigo e toda a súa área metropolitana, cun incremento de 3 xuíces en Vigo e outros tantos nos municipios da zona. A proposta inclúe unha modificación de la Lei de Planta, para que o partido xudicial de Vigo se adecúe á realidade social da Área Metropolitana.

Axente executor. Os procuradores propoñen tamén un cambio lexislativo para axilizar as execucións e mellorar o grao de cumprimento das sentenzas, creando a figura do Axente Executor. Este cambio inxectaría na administración aos 150 procuradores colexiados na xestión das execucións xudiciais.

Previsión de desafiuzamentos. Informar con tempo aos servizos municipais dos desafiuzamentos decretados por un xulgado, para que antes da súa execución se poidan adoptar medidas preventivas e evitar desaloxos indesexables.

Cidade da Xustiza. Aproveitar a futura nova sede xudicial de Vigo para que sexa dotada e planificada con previsión de crecimiento, a vista dos datos de evolución de litixios detectado no informe A xustiza en Vigo 2018.

0 comentarios

Comenta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible

©2019 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Log in with your credentials

Forgot your details?