ATENCIÓN AO CIDADÁN
PROPOSTAS E QUEIXAS
CANLE DE DENUNCIAS
RECURSOS
ATENCIÓN AO CIDADÁN
Necesitas información do Colexio ou coñecer o servizo que pode prestarche un procurador? Escríbenos a través deste formulario ao cidadán.
PROPOSTAS E QUEIXAS
Se queres presentar unha queixa, proposta ou reclamación polos servizos prestados polos procuradores e procuradoras colexiadas en Vigo podes facelo a través do seguinte formulario.
A xunta de goberno do Colexio de Procuradores de Vigo analizará a queixa ou proposta e, no caso de ser necesario, escoitará alegacións do colexiado ou colexiada e efectuará as dilixencias oportunas para establecer os feitos ata acadar un acordo resolutorio.
Se o desexas, e no caso de non estar de acordo coa resolución, poderás elevar un recurso de alzada ante o Consello Galego dos Procuradores no prazo dun mes.
CANLE DE DENUNCIAS
RECURSOS
Se desexas formular un recurso de alzada ante o Consello Galego dos Procuradores, contra os acordos da xunta de goberno ou da xunta xeral, podes facelo a través do seguinte formulario. O prazo é dun mes dende a súa publicación ou notificación aos colexiados ou persoas a quen afecte, ou os prazos indicados pola lexislación autonómica.