Neste momento estás a ver A actividade dos procuradores Vigo descende un 79%

A actividade dos procuradores Vigo descende un 79%

  • Categoría da entrada:Novas

16 de marzo 2020. Ante a expansión do coronavirus (Covid-19) e seguindo as medidas adoptadas polo Consello Xeral do Poder Xudicial, as delegacións do Colexio de Procuradores de Vigo permanecerán pechadas temporalmente e a actividades do colexio profesional  centrarase nas súas oficinas de Vigo.

Durante la xornada, tras a suspensión das actuacións xudiciais e de prazos procesais, civís e administrativos, rexistráronse 530 notificacións, un 79% menos que o pasado luns 9 de marzo, no que se rexistraron 2.468. Os escritos, tamén caeron un 69% respecto da media, pasando de 400 a 126.

O Colexio de Procuradores de Vigo recomenda aos 150 profesionais que o integran adoptar as medidas de prevención establecidas polo Ministerio de Sanidade. O Colexio seguirá aberto, no seu horario habitual, de 8.00h a 15.00 horas,  pero recoméndase aos profesionais que, para evitar desprazamentos innecesarios, manteñan contacto co Colexio a través do correo electrónico colegiooficial@colegioprocuradoresvigo.es ou vía telefónica no número 986 207 111.