11.10.2018.“O embargo existe dende o momento da traba” Art. 587 da Lei de Enxuiciamento Civil. Así explicou o especialista en dereito procesal Manuel Cachón este cambio lexislativo. Durante a xornada sobre o embargo e ejecución de bens con casos especiais organizada polo Colexio de Procuradores de Vigo, explicou as formas para a enaxenación de bens singulares e con escasa regulación na lei como as accións de sociedades que non cotizan no mercado de valores, participacións sociais ou bens inmobles non inscritos no rexistro.
Durante a súa intervención, Cachón desenvolveu todos os preceptos que son de aplicación na Lei de Enxuiciamento Civil, Lei de Mercado de Valores e a Lei de Sociedades de Capital, e o camiño a seguir para a venta e subasta de accións de sociedades que non cotizan no mercado de valores e participacións sociais, analizando os dereitos dos demais socios, os posibles retractos e consecuencias na venta.
Sobre o cobro de débedas nas sociedades, Cachón explicou as posibilidades que establece a Lei para establecer unha administración xudicial, as consecuencias e a necesidade de que os Tribunais admitan administradores flexibles ou interventores que posibiliten a continuidade da marcha da sociedade e o cobro da débeda, cos menores gastos posibles e prexuizos que poidan irrogarse tanto para a sociedade como para os acreedores.
Na xornada, o especialista en dereito procesal considerou ademais as pautas para a execución e a subasta dos bens inmobles non inscritos no rexistro e toda a casuística que poida darse neste tipo de enaxenaciones, establecendo os cauces necesarios para que poida obterse a subasta e venda deste tipo de inmobles.
Manuel Cachón ten publicado máis de corenta artigos e diversas obras, é considerado coma un dos principais referentes do dereito procesal en España.
[kleo_button title=”Clica aquí e descarga a conferencia de Manuel Cachón” href=”https://colegioprocuradoresvigo.es/wp-content/uploads/2018/10/Manuel-Cachon-el-embargo-en-casos-especiales-2.pdf” style=”default” size=”” ]