03.10.2018. O próximo 10 de outubro, o Colegio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) organiza as VII Xornada de Informática Xudicial #IURISTICGAL17 centrada en ciberseguridade, privacidade e intelixencia artificial.
O obxectivo das xornadas é coñecer os avances en materia xurídica e probatoria nos casos que intervén o factor informático, así como os beneficios de incorporar o uso das novas tecnoloxías no propio proceso xudicial e sensibilizar sobre a axuda que poidan prestar os peritos xudiciais nas causas xudiciais e as claves de valoración da proba informática
A xornada está organizada coa colaboración da Xunta de Galicia e a dirección técnica de Víctor Salgado, do bufete Pintos & Salgado.
[kleo_button title=”Clica aquí para saber máis sobre a xornada e inscribirte ” href=”https://colegioprocuradoresvigo.es/wp-content/uploads/2018/10/Carta-colaboracion-VII-Xornada-Informatica-Xudicial-1.pdf” style=”default” size=”” ]