Neste momento estás a ver Lembranza a Don Antonio Romero
VIGO, 140618. COLEGIO PROCURADORES DE VIGO.

Lembranza a Don Antonio Romero

  • Categoría da entrada:Novas

11.02.2021. Don Antonio Romero Lorenzo (Santiago de Compostela 1930 -2021), xuíz decano da cidade de Vigo nos anos 90 e ex maxistrado emérito do Tribunal Supremo, foi un xurista convencido e un loitador incansable pola mellora da Xustiza en Vigo.

Nomeado decano de honra do noso Colexio en 1994 como recoñecemento ao seu traballo na atracción de xulgados do contencioso a Vigo, a audiencia provincial e reclamando a necesidade dun novo edificio no que poidese crecer a Xustiza de Vigo, Don Antonio era un home disposto a axudar todo o que como procuradores necesitabamos.

Implicado en todas canta xustas reivindicacións sobre a Xustiza, fixo súas as preocupacións de todos os profesionais. Vigués convencido, puxo o seu posto de xuíz decano en Vigo por diante de posible ascensos e só chegou ás salas máis altas unha vez xubilado.

Seguiremos lembrando o trato atento de don Antonio e seguindo o seu exemplo reclamando melloras na Xustiza onde sexan necesarias.

Descanse en paz.