21.03.2022. O Centro de Información á Muller e a concellería de Política Social e Igualdade do Concello de Mos organizan as Xornadas de Intervención Interdisciplinar e Tratamento da Violencia Contra as Mulleres, que se van celebrar os días 24, 25, 31 de marzo e 1 de abril de 16 a 19 horas.
Con estas xornadas, de carácter multidisciplinar, queren adoptar medidas en todos os ámbitos que interveñen nos casos de violencia machista que permitan potenciar e consolidar servizos e programas, para proporcionar unha coordinación integral de todos os departamentos municipais e dar unha resposta eficaz, rápida e homoxénea na intervención coas vítimas dos malos tratos.
O Colexio de Procuradores de Vigo colabora dando difusión a estas xornadas que terán lugar no Pazo de Mos, Camiño da Rúa 1, 36415 Mos. A inscrición realizarase directamente coa organización no mail: xornadas.8m.mos@sifservicios.com. Nos seguintes enlaces pódese consultar o programa e mais información: