20.12.2019 Tras casi 20 anos do último gran pacto nacional, chegar ao pacto de Estado pola Xustiza foi a tónica do I Día Nacional da Procura, celebrado para dar a coñecer o papel da profesión na sociedade na capital madrileña. Juan Carlos Estévez, presidente do Consello Xeral de Procuradores de España realizou esta petición xunto á presidenta do Consello Xeral da avogacía, Victoria Ortega; a decana do Colexio de Rexistradores de España, María Emilia Adán e o presidente do Consello Xeral do Notariado, José Ángel Martínez Sanchiz.
A actividade da Procura en España consta de 10.148 profesionais, que acompañan, notifican e xstionan os casi 6 millóns de novos asuntos que entran nos xulgados ao año: uns 571 asuntos por procurador. Supón unha contribución ao PIB total de 800 millóns de euros, e xera 50 mil postos de traballo directo, o que reflicte sen dúbida a vixencia desta profesión no ordenamento xurídico do noso país.
A problemática do Low Cost dos aranceis que vive o colectivo e a independencia do Consello Xeral do Poder Xudicial, xunto coa conciliación e o impulso de ferramentas tecnolóxicas para axilizar os procesos xudiciais foron outros temas postos sobre a mesa coma medidas de especial relevancia dentro do panorama xurídico.
A importancia da procura en Vigo
Os 151 procuradores da cidade xestionaron un total de 1.125 notificacións diarias no primeiro semestre de 2019 y máis de 94.000 escritos, superando a localidades coma Bilbao ou A Coruña en cifras de asuntos xudiciais ingresados en 2018.
O obxectivo de esta I xornada nacional é dar a coñecera á sociedade o papel do procurador e recordar o seu compromiso histórico coa modernización e o mellor funcionamiento da Xustiza española, compromiso que compartimos dende o Colexio de Procuradores de Vigo.