29.10.2021. O Colexio de Procuradores de Vigo renova o seu convenio con Abanca para que todos os seus socios poidan beneficiarse de vantaxes especiais nos produtos e servizos que ofrece o banco. As dúas entidades unen de novo forzas para axudar aos profesionais a afrontar a situación xerada tras a crise do Covid, que obrigou a paralizar a actividade xudicial durante meses en 2020.
Os procuradores terán acceso ao asesoramento e xestión integral de Abanca, así como a fondos de investimento adaptados ao seu perfil de risco ou ao programa Cero Comisións do banco.
Abanca ofrece aos socios unha oferta económica a medida, tanto para as súas necesidades profesionais como persoais: desde financiamento bancario ou liñas oficiais como préstamos ICO, ata leasing ou garantías, pasando polo uso de TPV físico ou virtual. A nivel persoal, ofrécense préstamos xenéricos ou de estudo, tanto para socios como para os seus fillos, hipotecas bonificadas, tarefa plana de seguros e valores, etc.
O convenio ten unha duración dun ano e foi asinado esta semana polo decano dos procuradores vigueses, José Antonio Fandiño, e o coordinador Institucional Vigo de Abanca, José Luis Romero.