01.09.2021. Os procuradores de Vigo retoman a súa actividade tras a inhabilidade do mes de agosto e rexistran 4.079 notificacións nun día, un 6,3% máis que o 2 de setembro de 2019 e o dobre que o 1 de setembro de 2020, cando a actividade xudicial continuou inalterada durante o verán.
Entre xaneiro e xullo de 2021, os profesionais xestionaron de media 2.551 notificacións ao día.