24 novembro 2022. O Colexio de Procuradores de Vigo e a Fundación Celso Emilio Ferreiro presentan o mércores 30 de novembro as 11.30 horas no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (Marco) a recuperación de 10 poemas descoñecidos do poeta, que foi procurador na década dos 50 en Vigo.
Os procuradores vigueses dan a coñecer 10 poemas que foron censurados en 1972 para por en valor e presentar á sociedade a súa historia. A iniciativa conmemora ademais 60 anos da publicación de Longa Noite de Pedra e os 110 anos do nacemento do autor.
No acto participarán Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Ramón Nicolás, biógrafo de Celso Emilio Ferreiro e correspondente da Real Academia Galega; Luis Ferreiro, fillo maior do escritor e director xeral da fundación que leva o seu nome; e José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo.