Neste momento estás a ver Vigo ingresa más casos que Bilbao o Valladolid

Vigo ingresa más casos que Bilbao o Valladolid

  • Categoría da entrada:Novas

14.11.2018. Os xulgados de Vigo ingresaron 53.009 asuntos en 2017, o que a convirte na cidade do seu tamaño con maior actividade xudicial, incluso por riba de localidades de maior tamaño como Alicante, Bilbao ou Valladolid. Os datos oficiais do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) indican que Vigo é tamén a urbe que maior número de casos resolveu en 2017, cun total de 50.403 asuntos.

A comparativa de Vigo coa segunda maior cidade de Galicia, A Coruña, indica que os xulgados de Vigo ingresan un 39% máis de casos ao ano (14.892 asuntos máis en 2017). A comparativa con Xixón, a cidade non capital de provincia de tamaño similar, a diferenza con Vigo é dun 70% de casos (22.019 ingresos máis en Vigo que en Xixón).

Aínda que a cifra absoluta de resolución de Vigo é a máis alta das 10 cidades españolas de similar tamaño, a alta cifra de ingresos fai que a taxa de resolución en Vigo estea por debaixo da media galega e da media española. Esta circunstancia provoca unha acumulación cada vez maior de casos sen resolver (en trámite) nos xulgados vigueses, que no primeiro semestre de 2018 alcanza o seu máximo histórico.

“Non son opinións, son datos. Vigo está entre as cidades de España con maior actividade xudicial e nós como procuradores temos a capacidade e formación para xogar un papel esencial na axilización da resolución destes casos para o afectado a través da adopción de novas funcións na execución de sentenzas”, explica José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo.

[kleo_button title=”Clica aquí para consultar o informe” href=”https://colegioprocuradoresvigo.es/wp-content/uploads/2018/11/Informe-La-justicia-en-Vigo-Colegio-Procuradores-2018-1.pdf” style=”default” size=”” ]