Neste momento estás a ver A procura analiza co TSXG a implantación da nova Lei

A procura analiza co TSXG a implantación da nova Lei

  • Categoría da entrada:Novas
30.09.2025. 30.09.2025. A procura de Vigo analizou e debateu co novo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Ignacio Picatoste, o proceso de implantación da nova Lei de Eficiencia da Xustiza (Lei 1/25), nun encontro desenvolvido no Colexio da Avogacía de Vigo. O decano do Colexio de Procuradores de Vigo, José Antonio Fandiño, participou nunha xuntanza co novo presidente, xunto coa decana do Colexio da Avogacía de Vigo, Lourdes Carballo, para intentar coordinar o funcionamento dos xulgados e a súa reestruturación co mellor impacto posible para a cidadanía e os operadores xurídicos. O Colexio de Procuradores de Vigo ten previstas próximas reunións para avanzar en mellores dotacións para Vigo (máis xulgados do Mercantil e unha nova sala da Audiencia Provincial Civil), así como para incrementar as competencias dos profesionais da procura. As propostas da procura xa foron comunicadas tanto ao Consejo General do Poder Judicial (CGPJ) como á presidencia da Audiencia Provincial de Pontevedra, como tamén ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. . Foto: Punto GA-M.Riopa.