Século XI

Idade media

A figura do procurador profesionalízase como representante de terceiros. O persoeiro, ou procurador, era considerado aquel que “faze algunos pleytos o cosas ajenas por mandado del dueño dellas” e confórmase a idea do mandato como compromiso do profesional a representar e seguir o preito en nome do cidadán.

S. XIX

Xuízos

O procurador actúa ante o tribunal en representación do seu cliente para que, ante a Xustiza, ambas partes sexan iguais afastando toda imaxe de poder e riqueza de uns e de humildade e pobreza dos outros. O procurador iguala as partes ante o tribunal, visualizando que todos son iguais ante a xustiza.

1870

Colexios

Creación dos colexios de procuradores nas capitais onde houbese audiencia.

1911

Arancel

Creación do primeiro arancel específico para os procuradores.

1949

Vigo

O 12 de abril constitúese o Ilustre Colexio de Procuradores de Vigo.

1990

Dixitalización

Informatización do funcionamento do colexio vigués e implantación do sistema de pólizas de seguros para colexiados.

2001

Ampliación

Apertura do servizo de recepción de notificacións no Porriño, Tui, Ponteareas e Redondela.

2009

Territorialidade

A aprobación da lei Ómnibus permite aos procuradores traballar dende calquera xulgado do territorio nacional, independentemente da localización do seu despacho.

2010

Competencias

Os procuradores adquiren novas competencias para realizar comunicacións.

2014

Lexnet

Posta en marcha do sistema informático Lexnet.

2016

Papel 0

Posta en marcha da iniciativa papel cero nos xulgados de Vigo.

2018

Virtual

Creación do colexio virtual do Ilustre Colexio de Procuradores de Vigo.

2020

Achado Inédito

Achado do arquivo histórico de Celso Emilio Ferreiro como procurador e nomeamento como procurador de honra.