Neste momento estás a ver Jesús González-Puelles, novo presidente da Mutualidade de Procuradores
VIGO, 180919. REUNION MUTUA PROCURADORES CON COLEXIO ECONOMISTAS.

Jesús González-Puelles, novo presidente da Mutualidade de Procuradores

  • Categoría da entrada:Novas

26.10.2020. Jesús González-Puelles, procurador e membro da xunta de goberno do Colexio de Procuradores de Vigo, foi nomeado como novo presidente da Mutualidade de Procuradores de España tras catro anos como tesoreiro da organización.

A Mutualidade de Procuradores dos Tribunais de España é unha agrupación que permite complementar as pensións de xubilación dos profesionais e da que actualmente forman parte máis de 10.000 procuradores mutualistas de toda España.

Jesús González-Puelles Casal(Vigo, 1956) é procurador dende 1983. Durante as súas máis de tres décadas de profesión nos xulgados de Vigo e a súa aréa, 0cupou o cargo de decano do Colexio de Procuradores de Vigo entre 1990ey 1998, e entre 2006 e 2010.