20.11.2018. O Colexio de Procuradores inicia esta semana o seu programa de encontros para impulsar a mellora da xustiza en Vigo con reunións cos representantes municipais de En Marea e PP. Os procuradores vigueses avanzan así no seu impulso por dar a coñecer a situación dos xulgados da cidade, que acumularon nos primeiros nove meses de 2018, a súa cifra récord de asuntos sen resolver de toda a década e a propulsa de melloras para acurtar os prazos dos procesos xudiciais.
Nos próximos días, o colectivo reunirase tamén co alcalde da cidade e representante do grupo socialista, Abel Caballero. O plan de acción dos procuradores contempla extender os seus encuentros cos representantes políticos estatais e autonómicos, así como cos demais colectivos profesionais da Xustiza.