4 de decembro 2020. A Mutualidade de Procuradores de España e o Colexio de Economistas de Pontevedra firman hoxe un acordo de colaboración que permite aos 1.500 economistas da provincia incorporarse á entidade e complementar as súas pensións de xubilación. Trátase dunha alianza pioneira en España ao ser a primeira vez que a Mutualidade de Procuradores incorpora aos membros doutro colectivo profesional.
O acordo acádase despois da xornada informativa entre economistas e mutualistas organizada en Vigo o pasado ano a iniciativa dos procuradores que forman a delegación da Mutualidade en Pontevedra. A colaboración é inédita a nivel estatal e os colectivos traballan xa na súa expansión a outras provincias. No caso de completarse, 55.000 economistas de toda España poderían dispoñer de novas prestacións sociais, ademáis das garantidas pola Seguridade Social para a atención médico-sanitaria.
No encuentro participaron o presidente da Mutualidade de Procuradores, Jesús González-Puelles Casal e a decana do Colexio de Economistas de Pontevedra, Lucy Amigo Dobaño, así coma o decano do Colexio de Procuradores de Vigo e delegado da Mutualidade en Vigo, José Antonio Fandiño Carnero.
“Xestionamos o aforro de máis de 11.000 mutualistas en toda España, procuradores e profesionais particulares doutros colectivos. A alianza cos economistas de Pontevedra abre a porta a continuar impulsando a nosa actividade coma aseguradora complementaria”, explica Jesús González-Puelles Casal, nomeado presidente da Mutualidade de Procuradores en outubro deste ano.
A Mutualidade está considerada como unha das entidades de seguros máis solventes de España cunha ratio de solvencia do 172% en 2019, 72 puntos por encima do 100% esixido pola normativa aseguradora. A entidade xestiona 408 millóns de euros en activos, factura 23,9 millóns de euros anuais e conta con 11.299 mutualistas aos que presta servizos de aforro e pensión voluntarios para a xubilación dos profesionais ou para a súa cobertura en casos de falecemento, incapacidade ou invalidez laboral.
Lucy Amigo Dobaño, decana do Colexio de Economistas de Pontevedra, manifesta a súa satisfacción pola firma deste acordo coa Mutualidade de Procuradores de España, grazas á colaboración de José Antonio Fandiño, delegado da Mutualidade de Procuradores en Pontevedra e as xestións iniciais realizadas polo exdecano do Colexio de Economistas de Pontevedra Juan José Santamaría Conde. “Consideramos que este convenio é de interese para os nosos colexiados e agardamos que esta iniciativa teña boa acollida”, apunta a decana.